General
Para facilitar o acceso aos contidos e actividades podes visualizar este tutorial.
Obviamente para facer un plan municipal de adaptación ao cambio climático requírese dun estudio moi pormenorizado de datos climáticos, datos de consumo, antecedentes …..
Neste caso práctico o que se busca é a grandes rasgos intentar enfocar cales creemos que serían algúns dos máximos riscos aos que esta exposto o noso concello, así como enfocarnos cara algún obxectico prioritario e intentar deseñar algunha medida de adaptación que poderíamos implementar no noso concello.
Polo
tanto, a tarefa final do curso consistirá en entregar un documento
base no que describamos:
Os máximos riscos aos que creemos que esta exposto o noso concello relacionados co cambio climático.
Fixar 2 ou 3 obxectivos prioritarios /criterios de priorización para a selección de medidas no noso concello na adaptación ao cambio climático.
Indicar algunhas medidas de adaptación que se poderían implementar no noso concello en materia de saúde, urbanismo ou medio ambiente.
Describir máis en profundidade como implementar unha acción concreta de adaptación.
O arquivo co traballo realizado tes que subilo a esta tarea en formato de word ou pdf
Gustaríanos contar coa sua valoración da formación realizada. Para elo pregámoslle que cubra o seguinte cuestionario de valoración sendo 1 (a puntuación menor) e 5 (a puntuación maior), ao final do cuestionario dispón dun apartado para poder engadir observacións e novas propostas de formación para vindeiras edicións.