Salta al contenido principal

INTRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMACIÓNS CULTURAIS

1. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

INTRODUCIÓN

A importancia económica e social das actividades artísticas, culturais e de ocio require dunha relación específica dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que garantan a seguridade das persoas e os bens, a hixiene dos establecementos, a accesibilidade e a comodidade. Trátase de asegurar a compatibilidade entre o dereito ó ocio e o dereito ó descanso da cidadanía.

Tan importantes tamén son outros aspectos como a regulación da protección das persoas menores, a defensa das persoas consumidoras e usuarias, o respecto polo medio ambiente e os animais, a loita contra as actitudes discriminatorias e a conservación do noso patrimonio histórico- artístico e cultural.

As actividades  de ocio, artísticas e culturais teñen un inmediato eco na cidadanía por afectar a distintos ámbitos e espazos competenciais, por iso a súa regulación dende a administración é algo fundamental. A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de espectáculos públicos, conforme ó establecido na Lei orgánica 16/1995 de 28 de decembro, de transferencia de competencia a esta comunidade, e sendo por tanto reguladas a través da Lei 10/2017 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioC3B0-271217-0001_es.html

Tódalas persoas podemos construír unha imaxe sobre cómo nos gustaría que fora o noso traballo, cómo nos gustaría vivir, etc…

O mesmo sucede cando falamos de actividades de ocio, deporte e cultura. Cada persoa decide cómo lle gustaría levalas a cabo, polo que é fundamental ter en conta á hora de realizar un deseño, un modelo, unha planificación de estas actividades ou políticas, as diversas características persoais e sociais dos múltiples estilos de vida que existen para que poidan sentirse protagonistas e satisfacer as súas inquedanzas e necesidades,  intereses, preferencias, desexos e proxectos nos diferentes ámbitos da vida.

As actividades culturais, deportivas e de ocio podemos definilas como eventos, reunións organizadas por grupos sociais, culturais, tanto públicos como privados, co obxectivo de crear, difundir, fomentar, crear valores, socializar, sensibilizar e xerar cohesión social. Permiten sinerxias entre as persoas participantes e a sociedade e transmitir coñecemento de xeración en xeración, poñer en valor valores intanxibles da nosa sociedade máis cercana e tradicional que contribúan a mantela viva.