Skip to main content

INTRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMACIÓNS CULTURAIS

1. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

1.1. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

As actividades culturais, deportivas e de ocio son creadoras de identidade e xeradoras de inclusión social, asociadas a valores, comportamentos, hábitos e estilos de vida que permiten alcanzar un óptimo desenvolvemento persoal e social, tanto no ámbito educativo, familiar como social. Son eixes transversais do desenvolvemento local. O Municipio é fundamental no desenvolvemento de estas actividades e a implementación de políticas para promover o crecemento en cada territorio é fundamental.

Tan importante como a atención municipal ó benestar e ó coidado familiar, laboral e social é a  atención ó deseño dende o entorno municipal do tempo de “recreo”  para a súa sociedade de unha maneira planificada e ordenada, atendendo a tódolos colectivos.