Skip to main content

INTRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMACIÓNS CULTURAIS

1. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

1.4. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN

A xestión e programación de actividades culturais, deportivas e de ocio trata de administrar os recursos co obxectivo de promover, incentivar, deseñar e realizar proxectos dende cualquera de esas áreas que se terán que adaptar ó ámbito social, persoal, xeográfico, e ó colectivo ó que se dirixa ou se queira chegar.

 

Por xestión entendemos a administración, organización e dirección de recursos co obxectivo de ofrecer un produto ou servizo para que chegue ó meirande número de público ou consumidores e consumidoras, procurando así a maior satisfacción e onde os distintos compoñentes teñen un cometido e implicación concreta para os seus profesionais.

Na xestión de actividades culturais, deportivas e de ocio son múltiples os ámbitos de actuación nos que se require participación e unha axeitada coordinación para que a xestión sexa eficaz e con óptimos resultados. Como produto ou servizo de consumo tamén xeran actividade económica nas súas distintas fases: produción, xestión e consumo.

Cada unha das políticas deseñadas contemplarán unha estratexia e obxectivos concretos a medio e longo prazo, que poida retroalimentarse de cara a unha mellora constante, obxectivos revisables e en continua actualización, acorde á dinámica que requiren as actividades culturais, deportivas e de ocio en permanente avance.

 Competencias municipais na xestión de eventos:

a)      Recibir e comprobar as declaracións responsables, así como outorgar as licenzas que correspondan en relación cos espectáculos públicos e as actividades recreativas que se desenvolven dentro do termo municipal, incluídas as de carácter extraordinario.

b)      Recibir e comprobar as declaracións responsables, así como outorgar as licenzas que correspondan en relación coa apertura de establecementos de cara ó público.

c)      Adoptar as medidas que sexan necesarias para o desenvolvemento ordenado dos espectáculos públicos e actividades recreativas da súa competencia, sen prexuízo das competencia estatais en materia de seguridade pública.

d)      Exercer as funcións de inspección e control.

e)      Incoar, instruír e resolver os expedientes sancionadores por infraccións cometidas en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas que non sexan de competencia autonómica.

f)      Autorizar as ampliacións ou reducións sobre o horario xeral, en atención ós criterios, supostos e circunstancias que, no seu caso, figuren na orde de horarios.

g) Engadir, dentro das súas competencias, os requisitos, condicións ou límites para a apertura de establecementos públicos e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas dentro das súas ordenanzas municipais.