Skip to main content

PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN APLICADAS Á XESTIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO. RECURSOS DA PROGRAMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO

1. PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN APLICADAS Á XESTIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO. RECURSOS DA PROGRAMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO

1.1. PROGRAMACIÓN E PLANIFICACIÓN

A planificación podemos definila como tódalas accións para ordenar e anticiparse ó resultado, definir a onde se quere chegar e cómo, ser capaz de anticiparse ó que vai a acontecer e establecer una liña de actuación para o cumprimento dos obxectivos previstos que leven a conseguir un resultado óptimo.

 

Unha planificación detallada e en continua revisión, é o símbolo do maior éxito  na xestión e, por conseguinte, un beneficio económico e aforro de costes para a organización así como unha mellora na valoración dos servizos prestados, da imaxe da organización e da xeración  de confianza e fidelidade das persoas.

 

Pasos a seguir para unha axeitada planificación e programación:

 

·    Definir os obxectivos do servizo.

·    Sinalar obxctivos estratéxicos que se persiguen.

·    Analizar o entorno: demográfico, físico, xeográfico, urbanístico, socio-cultural, económico, tecnolóxico, político, lexislativo, escolar.

·    Poboación á cal nos diriximos. ¿Cáles son as problemáticas e necesidades da nosa poboación destinataria?

·    Colaboradores posibles en cada ámbito, organismos públicos e/ou privados.

·    Características temporais do evento. Períodos para a súa planificación e realización, continuidade e permanencia.

 

As consecuencias dunha falta de planificación poden conlevar:

 

-          Custes superiores ós habituais ou previstos.

-          Ubicacións axeitadas.

-          Calendario inadecuado e falta de seguemento do evento ou actividade, ou escasa/nula participación.

-          Necesidades e demanda non identificados, por conseguinte nula repercusión e resultados.

-          Desmotivación na organización.

-          Problemas para a execución e mantemento por dificultades de persoal /materiais/ equipamento.

-          Inadecuada sectorialización.

-          Falta de credibilidade da xestión municipal.

-          Desconcerto na organización.

-          Imposibilidade de obter resultados medibles e de mellora.

-          Problemas de consenso político e social.

-          Desconfianza na xestión.