
En toda planificación teremos en conta as prioridades en función dunha profunda análise do municipio en xeral e das demandas en particular, tendo en conta aspectos sociais, económicos, xeográficos, etc, e empezando en primeiro lugar por aquelas que supoñen un menor esforzo económico en canto a infraestruturas e persoal, e que axuden a unha adecuada xestión e uso do dispoñible.
Establecemos así unha pequena orientación sobre directrices básicas ou prioridades de actuación en canto ó uso eficiente e eficaz de instalacións, infraestruturas e terreos:
- Uso dos recursos naturais, preservando o equilibrio ecolóxico e a protección do medio ambiente.
- A inversión en parques ou instalacións recreativas incluíndodo módulos e/ou elementos de uso libre e espontáneo.
- Equipamentos polifuncionais integradores e, na medida do posible autofinaciables no seu mantemento.
- Aproveitamento de instalacións escolares para a comunidade en horario non lectivo.
- Implantación de mecanismos que permitan un control de gasto, mediante a polivalencia para distintos usos das instalacións. Unha instalación pechada, sen uso é unha hipoteca e un deterioro continuado que suporá pérdidas económicas futuras.
- Reserva de chan para dotacións deportivas, culturais, de ocio nos plans xerais urbanísticos.
Un exemplo: se realizamos unha mellora nunhas instalacións abandonadas a través de un Obradoiro de Emprego, debemos programar no mesmo momento o destino e os fondos para o uso posterior unha vez finalizado, se é cultural, deportivo ou de ocio, debería existir un programa de actividades inmediatamente posterior que lle dé utilidade, vida e xenere benestar á poboación, do contrario o abandono dará lugar novamente a un deterioro e á sua vez unha pérdida económica do seu valor e a súa rentabilidade. Analiza a situación que che rodea e pensa en algunhas situacións nas que optimizar recursos e mellorar a planificación e programación cultural, deportiva e de ocio.