
INTRODUCIÓN
Ningún evento é igual, todos teñen as súas características segundo a súa natureza, polo que a súa planificación tamén será diferente. Sen embargo, podemos decir que hai unha serie de aspectos que se dan en case todos.
Cuestións que se terán en conta na elección das actividades que serán garantía de ÉXITO:
O papel do municipio debe orientarse a cumprir seis funcións principais para unha axeitada planificación e uso de recursos:
- 1ª .- ADMINISTRAR os recursos dispoñibles con eficacia e eficiencia:
o Control do gasto e redución do déficit, en canto ó planeamento e creación de obras e infraestruturas, desenvolvemento de equipamentos polivalentes e, na medida do posible, auto-financiables no seu mantemento (Función inversora).
o Aproveitamento de equipamentos escolares para a comunidade veciñal en horario non ectivo (Función coordinadora e reguladora).
o Implantación de mecanismos que permitan un control de gasto e establecer unha conta de resultados ó fin do exercicio en cada instalación ou centro (Función administradora).
o Reserva de chan para dotacións nos plans xerais urbanísticos (Función planificadora).
o Recursos naturais, preservando o equilibrio ecolóxico e a protección do medio ambiente (Función reguladora).
o Proxectos de parques recreativos incluíndo módulos e/ou elementos de uso e desfrute libre e espontáneo (Función reguladora).
- 2ª .- COORDINAR accións, abandonando paulatinamente o protagonismo en tódolos programas de actuación, e implicar máis ás asociacións e axentes sociais na xestión:
o Potenciación do asociacionismo, implicando máis ós axentes sociais comunitarios creando órganos de participación con carácter executivo e facilitando axudas económicas (Función coordinadora e administradora).
o Redución de marxinalidades, apoiando mediante programas especiais ós sectores máis desfavorecidos (Función integradora).
o Colaboración e cooperación co deporte federado con unha delimitación clara de competencias (Función coordinadora e administradora).
o Cooperación co sector privado, evitando o crecemento desmesurado do servicio municipal e a competencial desleal (Función coordinadora e administradora).
o Definición de políticas públicas en materia cultural, deportiva e de ocio con especificación de obxectivos e metas a conseguir e planificación de estratexias a medio e longo prazo (Función Planificadora).
- 3ª .- REGULAR: Xestionar e reglamentar o uso de instalacións e espazos, e a participación dos cidadáns.
o Actuacións eficaces con estruturas flexibles que requiren de unha clara definición de obxectivos e metas.
o Unha planificación estratéxica a medioe longo prazo que cada vez demanda a importancia da avaliación.
o Búsqueda de indicadores de xestión que fundamenten e lexitimen a acción deportiva municipal.
o Modernización e xestión do cambio na administración coa aplicación de novas técnicas de xestión con especial incidencia en: xestión dos recursos humanos, cambio na xestión cultural organizativa, a preocupación do sector público pola calidade do servizo e a colaboración e coordinación entre os sectores público e privado.
- 4ª .- INTEGRAR: Facilitar a práctica deportiva, cultural e de ocio a tódolos cidadáns, como mellora da súa calidade de vida. Con relación ós pequenos municipios, entre as vantaxas obtidas á hora de mancomunar servizos podemos destacar, entre moitas outras de menos calibre, as seguintes:
o Por un lado, permite ós Entes Locais mancomunados dispor dun persoal especializado e común, dedicado exclusivamente a esas tarefas, ó tempo que se minimiza o impacto da infraestrutura burocrática.
o Por outro lado hai maiores posibilidades de dispor de unha axeitada e racional utilización das instalacións deportivas implicadas.
o Asimesmo, dende o punto de vista económico, ó igual que coas instalacións, permite unificar gastos que, de outra maneira, duplicaríanse en localidades próximas para obter o mesmo servizo que o mancomunado.
o Finalmente, a mancomunidade de servizos deportivos facilita a creación de proxectos con orzamentos adaptados ás realidades de cada Ente Local afectado e en consonancia cos proxectos de traballo futuros.
- 5ª .- INVERTIR: mediante a creación ou o impulso da creación dunha rede de equipamentos públicos que permitan o acceso a tódolos cidadáns á práctica cultural, deportiva e de ocio, con relación ó sector privado dende o municipio.
o Necesidade de incidir na consolidación de este sector, que na actualidade, en función da evolución das distintas áreas territoriais, intenta abrirse camiño entre diversos ámbitos profesionais.
o Conseguir un marco laboral profesional estable e unificado que permita a consolidación da xestión como unha profesión, tanto no sector público, como no privado.
o Apoio á iniciativa privada na busca de unha unión de esforzos de cara a conseguir unha multiplicidade das fontes de financiación.
o Modernización de certos aspectos lexislativos que inciden directamente no desenvolvemento deste sector.
- 6ª .- PLANIFICAR obxectivos concretos e deseñar as estratexias a seguir para conseguilos, así como prever e cuantificar os medios e recursos necesarios establecendo uns prazos de tempo determinados para a súa consecución.
Con relación ó asociacionismo cultural, deportivo e de ocio dende a Administración, é indudable que ten unha gran importancia na sociedade actual. Pero tampouco debemos obviar que, a día de hoxe, pode considerarse, en líneas xerais, un xigante con pés de barro pois susténtase case de maneira exclusiva por fondos públicos, de tal modo que se estos desapareceran, tamén o farían moitos clubes e asociacións.
Neste senso, é preciso potenciar o asociacionismo, pero dende un prisma de consolidación e estruturación en algo estable e que pouco a pouco se consolide a través da xeración dos seus propios medios.
É importante pois, lograr maior participación dos cidadáns e conseguir dinamizar o sector polos seus propios valores, non a cambio de subvencións, coa dificultade que conleva, pero coa consecución dos seguintes obxectivos:
· Unha maior participación social, que se achegue ás necesidades reais dos cidadáns.
· Un incremento das iniciativas cidadás e aumento da conciencia de responsabilidade e participación.
· Obrigatoriedade no cumplimento das responsabilidades legais en relación ós servizoss que desenvolven, delimitando competencias.
· Novas pautas de organización e colaboración que nos posibilitarán novas estruturas para o desenvolvemento de certos programas culturais, deportivos e de ocio.