Salta al contenido principal

PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVOS E DE OCIO. REDES ASOCIATIVAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

2. DINAMIZACIÓN E COHESIÓN DO TERRITORIO

A cultura, o deporte e o ocio enténdense como forzas transformadoras para a rexeneración das comunidades, núcleos da riqueza patrimonial de Europa e da súa historia, e que desempeñan un papel fundamental á hora de aumentar o atractivo dos lugares e de reforzar a identidade única de unha ubicación específica. A elo debemos sumar a evolución do concepto de ocio ata os nosos días variado naturalmente en paralelo ós cambios que tiveron tamén outros moitos valores da sociedade. Esta evolución supón un proceso de democratización, chegándose a considerar o ocio na actualidade como un dereito de toda persoa.

O ocio e o tempo libre, constitúen un ámbito fundamental na vida de todo ser humano. É un tiempo que dedicamos a facer o que nos gusta, o que nos fai disfrutar, o que desexamos compartir. O emprego positivo, sociocultural, activo, participativo, constructivo e comprometido con aquelo que pode chegar a cuestionar directamente ás persoas é o que denominamos ocio.

O tempo libre aparece como o continente mentres que o ocio maniféstase como o seu contido.

Todo elo son factores clave a ter en consideración para impulsar e posibilitar a innovación, ó igual que unha fonte de capacidade empresarial importante.

Máis se cabe no entorno do estado español caracterizado por un sistema territorial que fomenta a participación de diversos actores. O patrimonio é unha estrutura do pasado con presente e, sobre todo futuro, grazas á súa gran capacidade de arrastre.

Así, a dinamización é un factor decisivo para potenciar o impulso destas actividades económicas que, á súa vez, serven para mellorar a cohesión interna do territorio nacional.

Polo tanto, é decisiva a actuación para consolidar a actividade cultural, deportiva e de ocio ó longo do país sobre a base duns recursos sostibles, eficientes, capaces de xerar riqueza e benestar e con repercusión directa nos habitantes da zona. Doutro xeito, faise necesario garantir o acceso á cultura nos termos fixados pola Comisión na súa Nueva Agenda Europea para la Cultura (2018) na que se dictamina que a cultura é un medio ideal para favorecer a cohesión social.

 

O elemento inmaterial, é dicir, favorecer a proliferación de ideas e proxectos culturais vai na liña de ampliar as capacidades, permitindo a aparición e mantemento de actividades culturais de calidade e promovendo oportunidades de participación e creación para tódolos cidadáns, independentemente do seu lugar de residencia.

Trátase, en suma, de facilitar o acceso a este servizo como motor do crecemento no que as administracións locais xogan un papel clave e fundamental.