
A figura do/da ASC é o/a axente que motiva, facilita e dinamiza os procesos de participación grupal e social para que os colectivos ou sectores sociais determinados poidan desenvolver a capacidade persoal e colectiva, de transformar a súa realidade concreta, mellorando a súa calidade de vida, con protagonismo e autonomía.
Podemos sinalar entre as principais misións desta figura as seguintes:
- Promove a participación, actuando na expansión e fortalecemento das redes de participación social.
- Impulsa o coñecemento da realidade. Parte dos recursos, necesidades, características propias da realidade e do entorno no que traballa e, en consecuencia, coñece e analiza esa realidade e sabe, así mesmo, ensinar ó grupo a coñecela e analizala tamén.
- Facilitador/a de aprendizaxes de participación, de organización social: coñecer a propia realidade, cambiar actitudes e hábitos, desenvolver capacidades, habilidades e destrezas, potenciar valores relacionados co concepto de solidaridade, respecto, interculturalidade, convivencia, paz, resiliencia, espíritu deportivo, etc.
- Motivación dos grupos e colectivos, fortalecemento da autoestima, do desenvolvemento da creatividade, facilitar a iniciativa, a agrupación e a cooperación.
- Canaliza as demandas de maneira eficiente.
- Impulsor/a e fortalecedor/a de grupos, mediante a intervención nun marco concreto dun barrio, unha asociación, unha comarca, etc, sempre nun territorio que poida coñecer e afiance as relacións.