
Existen toda unha variedade na tipoloxía de asociacionismo no noso país. Se falamos estrictamente do ámbito cultural, de ocio e deportivo podemos clasificalas como: culturais, educativas e de comunicación, deportivas e recreativas.
Resulta fundamental fomentar e potenciar o asociacionismo, pero desde un prisma de consolidación e estabilidade que pouco a pouco se consolide a través da xeración dos seus propios medios. A labor de guía e acompañamento desde a área municipal correspondente será fundamental para o crecemento destas actividades e poder chegar así a toda a poboación, logrando maior participación e dinamización da cidadanía.
Por outra banda, o apoio da iniciativa privada mediante a promoción, a difusión, a participación activa e a aportación de ideas, é un elemento clave no desenvolvemento das actividades destas áreas.
Unha asociación aberta, conectada con outras, ben enredada cos colectivos e entidades que traballan no seu entorno, que se alimenta permanentemente coas ideas, as informacións, as aportacións, os recursos, as oportunidades que lle proporcionan as súas múltiples relacións, conseguirá medrar, farase máis forte e poderá avanzar mellor cara as súas metas sociais.
Pola contra, unha asociación illada, pechada en sí mesma, que se mira permanentemente o embigo, está irremediablemente condenada a enquistarse, a envellecer e, en definitiva, a desaparecer.
Pero non nos enganemos, a cousa non é nada fácil. Non se trata dun cambio superficial, senón de unha transformación profunda na cultura asociativa, unha “revolución cultural” nas asociacións. Na promoción das nosas actividades teremos en conta a potenciación do asociacionismo, implicando máis ós axentes sociais comunitarios, creando órganos de participación e decisión. Tamén ás administracións, especialmente a local, que deberá actuar de guía e apoio permanente, así como levar a cabo accións de colaboración e cooperación con estas redes para non duplicar ofertas e aproveitamento de recursos e evitar a competencia desleal.
Podemos encontrar maior información nos seguintes enlaces:
https://www.csd.gob.es/es/tiempo-libre-actividades-de-ocio-y-deporte
https://www.csd.gob.es/es/mujer-y-deporte/plan-director-deporte-inclusivo-2020