Salta al contenido principal

PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVOS E DE OCIO. REDES ASOCIATIVAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

1. INTRODUCIÓN

O peso significativo da cultura, o deporte e o ocio na economía española é incuestionable. Os recursos e riquezas que xeran, actúan como un factor de desenvolvemento e sostibilidade territorial. A diversificación, consolidación e mellora da súa oferta no territorio non só resulta fundamental para avanzar en cohesión co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Social, permitindo o acceso de toda a cidadanía a estes servizos, senón que tamén é un factor clave para o desenvolvemento económico ó longo do territorio.

Por poñer un exemplo, antes de sufrir o impacto da pandemia COVID 19, a industria cultural representaba o 3,2% do PIB en España e proporcionaba emprego a 710.200 persoas, o que representaba un 3,6 % do emprego total do país.

Esta contribución foi crecendo desde 2013 e o incremento interanual respecto do 2018 foi de 0,8 puntos porcentuais. A participación cultural da poboación mostraba, antes da pandemia, elevados indicadores anuais en actividades culturais como escoitar música, ler e ir ó cine, con tasas do 87,2%, o 65,8% e o 57,8% respectivamente. Estas actividades seguían en intensidade á visita a monumentos, que realizaba cada ano o 49,3% da poboación, a asistencia a museos ou exposicións, 40,5% e 29,8%, respectivamente, ou o acceso por Internet en bibliotecas, 26,8%. Cada ano o 46,8% da poboación participa en espectáculos en directo de artes escénicas ou musicais.