
• ¿Que significa «ter éxito» neste ámbito? O significado de «éxito» defíneo o/a xestor/a. Non hai criterios obxectivos para definir este concepto: podería ser alcanzar un nivel de público determinado, ou un determinado nivel de impacto en medios de comunicación ou un nivel de ingresos ou de beneficios, etc. Eso sí, o primeiro paso no deseño dun plan de marketing é coñecer o noso obxectivo: incrementar a audiencia ou participación nun determinado tanto por cento, fidelizala, etc.
• ¿Que beneficios buscamos? Non sempre se fala en termos económicos. No entorno non lucrativo, no que con frecuencia operan as administracións locais, é habitual que se xeren produtos que, a priori, non contan con ingresos. Nestes casos, os obxectivos planifícanse en termos sociais: atraer a un grupo social determinado, introducir unha afección artística ou deportiva en centros educativos, etc. Eso sí, sempre hai que ter presente que, incluso nun entorno sen ánimo de lucro, as organizacións non se poden manter se os gastos superan ós ingresos, de maneira que un/unha bo/a xestor/a sempre terá presente este límite no deseño das súas estratexias.
• ¿Por que facelo? Aqueles que se embarcan no reto poden ter moitos motivos: buscar un ámbito que combina as afeccións co traballo, unha vía para obter beneficios á vez que se crea valor no entorno, etc. Pode haber tantos motivos como xestores/as, pero é importante saber que é o que queremos, xa que nos guiará á hora de definir a visión futura da nosa área.
• ¿Que perspectiva temos da nosa organización/ ou área no futuro? Este concepto define cara onde imos. A visión é o concepto que, nun futuro, pretendemos conseguir coa nosa organización/área. Este concepto servirá para facer entender a tódolos/as integrantes da organización o lugar cara o que nos diriximos, que posición pretendemos ocupar. Por exemplo: ¿Como queremos que nos vexan veciños e veciñas/ visitantes da cidade na que desenvolvemos a nosa actividade?
• ¿En que sector estamos? O mellor colectivo para respostar a esta pregunta son os nosos/as destinatarios/as. É habitual cometer este tipo de erros de perspectiva: quizais ti creas que estás vendendo unha compañía de teatro, pero o que vendes é unha plataforma na que compartir experiencias sociais. Quizá eres deseñador/a de páxinas web, pero os/as consumidores/as vente como un/unha consultor/a de marketing… hai que ter en conta, que a súa visión é a correcta.
É importante escoitar ós teu clientes/as –no ámbito da administración esquecémonos moitas veces do concepto cliente, ó non existir unha prestación económica polos servizos, sen embargo é fundamental non esquecer que a población son os/as clientes/as, os/as destinatarios/as, para saber que é o que valoran na túa actividade: a proximidade, a boa organización, os lugares seleccionados para desenvolver as actividades, a oferta dun espazo no que compartir afeccións, etc. Se descubres o que realmente fas por eles/as, esta será a misión da túa organización.
• ¿Como traballaremos? Debemos ter claros cales son os valores da nosa organización, é dicir, como vamos conducir a nosa organización para conseguir o éxito. Estes conceptos constitúen unha primeira aproximación non formal pero moi importante cara o deseño dun produto no sector (con ou sen ánimo de lucro). É importante chegar a un consenso na súa definición á hora de empezar a traballar e é importante tamén redefinir os conceptos cada certo tempo (depende da rapidez do cambio do mercado no que operemos) para ir adaptándonos continuamente a el. Non debemos esquecer que o marketing é unha disciplina social. A súa principal habilidade é darnos ferramentas para manternos conectados ó mercado e ir desenvolvendo estratexias adaptadas ós cambios dos/as consumidores/as.
Desenvolver estratexias de marketing no mercado actual require moito máis que boas ideas, ademáis de pensar estratéxicamente, ter una visión ampla da organización, os seus obxectivos e as súas necesidades.