MARKETING APLICADO Á XESTIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E DE OCIO
3. AS ETAPAS NO PLAN DE MARKETING
3.1. VARIABLES A XESTIONAR
A comunicación: desempeña un papel predominante
sobre o resto de instrumentos no entorno cultural. A súa importancia fai que teña
un lugar especialmente relevante en todo o proceso de xestión das organizacións
culturais, ocupando unha posición transversal: atópase íntimamente ligada ó deseño
das seis ferramentas e das relacións de grupo.
O produto cultural: é obxecto da acción de difusión, que permite satisfacer as
necesidades das persoas destinatarias.
O prezo: é o esforzo que a persoa destinataria ou colectivo realiza para adquirir o produto (pode ser
económico, físico, mental, de dispoñibilidade, etc.).
A distribución: fai referencia a como facilitar o acceso ó produto
cultural, deportivo ou de ocio.
As persoas: o papel do persoal representa un valor clave pola súa posición
relevante en contacto coas persoas destinatarias. É máis importante na medida no
que o produto conta con unha maior proporción de servizos.
O entorno físico: os aspectos tanxibles que envolven a entrega do produto
cultural, de ocio ou de deporte; moi especialmente no caso dos servizos, son
parte da experiencia percibida polas
persoas destinatarias. En moitas ocasións, a calidade do servizo apoiase en
aspectos como a apariencia do espazo no que se vai a consumir o produto, os
folletos entregados á entrada ou a indumentaria do persoal, a decoración, a acollida,
etc.