
A sociedade actual, denominada da información, demanda cambios no sistemas de xestión das organizacións de forma que se tornen máis flexibles e acesibles, menos costosos ós que poder incorporarse a cidadanía en cualquera momento da súa vida co apoio nas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC´s).
Existen moitos factores a ter en conta á hora de organizar un evento. En moitas ocasións, o organizador séntese coma un malabarista tratando de que non lle caian as cousas ó chan.
Agora que nos eventos teñen tanta importancia as redes sociais, súmase un novo malabar co que facer equilibrios e que complica un pouco máis o éxito dun evento.
Ademáis de coñecer os servizos que ofreceremos e da súa axeitada xestión e nivel de calidade, teremos que programar cómo imos a publicitar a oferta cultural, deportiva e/ou de ocio o que se coñece como o plan de marketing ou promoción.
O primeiro que teremos que deseñar é unha identidade/marca corporativa do servizo programado, que recoñeza a actividade e que resulte o máis atractiva e identificadora do evento posible.