Salta al contenido principal

MARKETING APLICADO Á XESTIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E DE OCIO

4. A DIFUSIÓN

4.2. AS FERRAMENTAS E AS ACCIÓNS

Entre as ferramentas a utilizar que compoñen o mix de comunicación destacamos:

-          Portales de Internet específicos

-          Medios de prensa escritos/ Emisoras de radio/ TV.

-          Envíos Postais/ – Cartelería.

-          Visitas a centros, colectivos...

-          SMS. Envíos masivos con información breve das actividades.

-          Web/ Redes: Facebook, Instagram, Fotolog,  Blog.

A continuación menciónananse varias accións a desenvolver durante as tres etapas de planificación e difusión que recollen todo o proceso descrito nos 4 capítulos: antes, durante e despois do evento.

  •  Antes do evento:
  • Organiza un equipo e deseña un plan de traballo, con un obxectivo, cronograma e responsabilidades.
  • Verifica que na data prevista para o desenvolvemento do evento non están programadas outras actividades masivas, como a transmisión dun partido de fútbol ou a estrea de unha película, porque incidirán no interese dos posibles participantes. Se esto sucede coordina o cambio de data ou horario.
  • Deseña a imaxen corporativa do evento, unha vez que se definao nome, temática e data do mesmo.
  • Crea una páxina do evento, e/ou red social/blog… na que se inclúa a axenda, unha páxina de rexistro de asistencia, folla de vida de expositores, mapa coa ubicación, correo electrónico e número telefónico para atender consultas, vídeo promocional, entre outra información.
  • Consolida unha base de datos de posibles interesados/as (organizacións, público obxectivo).
  • Envía invitación personalizada mediante correo electrónico ou ferramentas de mensaxería como WhatsappMessenger o Telegram.
  • Coloca un banner ou imaxe destacada na túa páxina web/blog/redes da institución.
  • Produce un micro vídeo promocional e mensaxes de expectativa para redes sociais. Inclúe tamén un “chamado á acción”, como inscríbete nesta páxina, chama agora para obter información, entre outras.
  • Contrata anuncios pagados en redes sociais, páxinas webs relacionadas ou medios tradicionais, se o orzamento o permite –se o evento é tan importante que se queira promocionar moito-.
  • Crea un hashtag ou etiqueta para incluíla nas publicacións en redes sociais.
  • Publica un blog ou/web con información destacada do evento.
  • Difunde a folla CV/experiencia/relevancia  dos expositores/participantes e da temática que tratarán se é o caso, para darlle maior valor.
  • Crea unha páxina do evento en Facebook.
  • Envía recordatorios e confirma asistencias.
  • Involucra a influenciadores do sector como participantes ou expositores e solicita que tamén realicen a difusión do evento; tamén é importante relacionar ós patrocinadores, aliados e líderes de opinión, asociacións, grupos locais....
  • Usa descontos ou incentivos para adquirir entradas, se é un evento pagado ou ofrece sorteos.
  • Elabora presentacións creativas e de preferencia multimedia.
  • Envía un boletín de prensa a periodistas que cubran o sector, no que se deben incluír datos dun contacto en caso de requerir maior información. Invita á prensa local, autonómica, estatal... programas temáticos relacionados, etc.
  • Contacta con colexios, universidades, organizacións non gubernamentais, cámaras de comercio, institucións públicas, entre outras, para promocionar a actividade.
  • Contrata a elaboración de roll ups para que sean ubicado detrás dos expositores; en caso de que o evento sexa virtual, inclúe o logotipo durante a transmisión.
  • Actualiza os perfís das túas contas en redes sociais con un banner do evento.
  • Determina palabras clave relacionadas coa temática.
  • Redacta unha descripción atractiva da acción a desenvolver.
  • Na túa firma de correo electrónico inclúe información do evento, coma un banner ou enlace á páxina da organización.

  • Durante o evento:
  • Efectúa a cobertura do evento mediante streaming.
  • Difunde notas  que sinteticen as exposicións e conclusións, con fotos relacionadas.
  • Filma testimoniais para publicalos en redes sociais cos hashtag previstos.
  • Realiza unha enquisa sobre a difusión.


  • Despois do evento:
  • Divulga micro vídeos, unha galería fotográfica e notas que sinteticen as exposicións, as actividades.
  • Envía unha nota informativa a medios de comunicación e realiza a xestión para que se realice a difusión.

  • Avalía tódalas accións realizadas, mediante a consolidación de resultados da enquisa.
  • Agradece a quenes interviñeron.

 



ENLACES complementarios para ampliar contido e información:


v  5 maneras para convertir al sector cultural en motor de reactivación de las ciudades

https://blogs.iadb.org/ciudades-sostenibles/es/5-maneras-para-convertir-al-sector-cultural-en-motor-de-reactivacion-de-las-ciudades/

Plan Nacional de Recuperación, Transformación y Resiliencia correspondientes a las industrias culturales y deportivas 

https://www.culturaydeporte.gob.es/actualidad/2021/05/210514-mtro-plan.html

v Hay que reivindicar el papel del deporte en la lucha contra el cambio climático y como motor de desarrollo rural”

https://www.sobrarbedigital.com/hay-que-reivindicar-el-papel-del-deporte-en-la-lucha-contra-el-cambio-climatico-y-como-motor-de-desarrollo-rural/

3 ejemplos de proyectos culturales innovadores

https://www.obsbusiness.school/blog/3-ejemplos-de-proyectos-culturales-innovadores

Hacia una cultura sostenible

https://reds-sdsn.es/wp-content/uploads/2021/03/REDS-Guia-Cultura-y-Desarrollo-Sostenible-2021.pdf

El papel del deporte en la consecución de los Objetivos de Desarrollo Sostenible

https://www.un.org/es/chronicle/article/el-papel-del-deporte-en-la-consecucion-de-losobjetivos-de-desarrollo-sostenible

El deporte en la consecución de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS)

https://deportedesarrolloypaz.org/el-deporte-en-la-consecucion-de-los-objetivos-de-desarrollo-sostenible-ods/