Acción Formativa:
ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NOS CONCELLOS.
Modalidade On line (Duración: 40 horas)
Datas do curso: do 19 de abril ao 20 de maio de 2021
Obxectivos: Dar a coñecer ao persoal técnico da administración local as ferramentas de adaptación municipal ao Cambio Climático. A formación permitirá conocer tanto as normativas como as ferramentas e experiencias existentes a nivel rexional, estatal e europeo de adaptación ao cambio climático. Asimesmo, o curso incide tamén na necesidade de desarrollar enfoques e plans para afrontar nova realidade dende os entes públicos municipais.
Contidos:
Marco conceptual e situación do cambio climático
Escenarios climáticos.
Impactos do cambio climático en Concellos.
Políticas e Plans de adaptación ao cambio climático. A pegada de carbono
Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático
Guía para a elaboración de Plans Locais de Adaptación ao Cambio Climático.
Caso Práctico: Elaboración dun Plan Municipal de Adaptación ao Cambio Climático.
Durante todo o curso, dende a data de inicio hasta o derradeiro día, pódese acceder a cualquera hora, descargar os contidos, enviarnos as dudas, participar nos foros e actividades propostas.
En cada tema terá os contidos desarrollados sobre a materia, con enlaces, documentación de consulta, examen final e os en formato pdf para poder descargar.
Cada tema conta cun cuestionario de avaliación tipo test que estará dispoñible unha vez que se visualicen todos os contidos. Para poder avanzar e ver outro tema será imprescindible ter realizada a aprobado o tema anterior cumplimentando correctamente estes cuestionarios. Cada exercicio será considerado aprobado si se responde correctamente ao menos a metade das preguntas planteadas, dispoñendo de varias intentos para realizalo se fora preciso.
O derradeiro tema, o número 7, ten un execicio aberto no lugar de un cuestionario tipo test, que sera preciso enviar ao docente do curso para a sua valoración.
Durante o curso estaremos a disposición o docente do curso, encargado do asesoramento e tutoria relacionadoa cos contidos, e o persoal encargado do mantemento técnico por se xurdira algún problema de acceso á plataforma ou aos contidos.
Para poder ter dereito ao diploma do curso é preciso que se visualicen todos os temas e se realicen os cuestionarios e actividades propostos en cada un.
No apartado final de Documentación do curso ten a sua disposición cada tema en formato pdf para poder descargar.
Descargar os temas en pdf non exime de ter que visualizalos na plataforma para poder realiar o cuestionario de avaliación de cada tema.