Dióxido de carbono (CO2), Metano ( CH4), Compostos haloxenados, Ozono troposférico, Óxido de nitróxeno. Provocados principalmente pola queima de combustibles fósiles para a xeración de electricidade, o transporte, a calefacción, a industria e a edificación. Tamén provocados pola gandería intensiva, a agricultura (principalmente os cultivos extensivos ), o tratamento de augas residuais, os vertedeiros ...
O CO2 é un gas de efecto invernadoiro producido principalmente pola actividade humana e é responsable do 63% do quecemento global causado polo home. A súa concentración na atmosfera supera actualmente nun 40% sobre o nivel rexistrado ao comezo da industrialización. Os outros gases de efecto invernadoiro emítense en menores cantidades pero son moito máis perxudiciais que o CO2 á hora de reter a calor e nalgúns casos mil veces máis potentes. O metano é responsable do 19% do quecemento global de orixe humana e o óxido nitroso, do 6%.
Fonte: UNEP-GRID-Arendal
Concentracións atmosféricas de varios gases de efecto invernadoiro nos últimos 40 anos. Fonte: NOOA