Este aumento global da temperatura trae consecuencias desastrosas que poñen en perigo a supervivencia da flora e a fauna da Terra, incluído o ser humano. Entre os impactos do cambio climático destacan, o desxeo da masa de xeo nos polos, que á súa vez provoca o aumento do nivel do mar, o que produce inundacións e ameaza os litorais costeiros.
O cambio climático tamén aumenta a aparición de fenómenos meteorolóxicos máis violentos, secas, incendios, a morte de especies animais e vexetais, os desbordamentos de ríos e lagos, a aparición de novas pragas e enfermidades e tamén a aparicion de refuxiados climaticos e a destrución dos medios de subsistencia e dos recursos económicos, especialmente en países en desenvolvemento.