En 1995 a comunidade internacional iniciou negociacións para fortalecer a resposta mundial ao cambio climático. Dous anos despois, en 1997, 83 países asinaron e 46 ratificaron o Protocolo de Kyoto. Este obriga xuridicamente aos países desenvolvidos que son Parte a cumprir unhas metas de redución de emisións. O primeiro período de compromiso do Protocolo comezou en 2008 e finalizou en 2012. O segundo período de compromiso empezou o 1 de xaneiro de 2013 e terminou en 2020.