Na 21ª Conferencia en París de 2015, as Partes da CMNUCC alcanzaron un acordo histórico co obxectivo de combater o cambio climático e acelerar e intensificar as accións e os investimentos necesarios para un futuro sostible con baixas emisións de carbono. O Acordo de París agrupa a todas as nacións do mundo, por primeira vez na historia, baixo unha causa común: realizar ambiciosos esforzos co obxectivo de combater o cambio climático e adap- tarse aos seus efectos. Para logralo, a CMNUCC incide en que os países en desenvolvemento terán que recibir un maior apoio para impulsar a súa loita contra o cambio climático. Desta maneira, define un novo roteiro nos esforzos mundiais para frear o cambio climático.
O principal obxectivo do Acordo de París é reforzar a resposta mundial á ameaza do cambio climático mantendo o aumento da temperatura mundial neste século por baixo dos 2 ˚ C con respecto aos niveis preindustriales e proseguir cos esforzos para limitar aínda máis o aumento da temperatura a 1,5 ˚ C.