A Cumbre centrouse nas áreas onde o traballo e a cooperación internacional para poñer freo ao cambio climático pode ser máis efectiva; a industria pesada, solucións ecolóxicas, cidades, enerxía, resilencia e investimentos para o cambio climático. Os líderes que acudiron a este cume informaron tanto das accións que están a levar a cabo nos seus países, como das propostas que poñerán na mesa durante a próxima Conferencia das Nacións Unidas sobre o Clima en 2020 (postergada a 2021), onde se renovarán e aumentarán os seus compromisos.
Ao peche do Cume, o Secretario Xeral animou encarecidamente a “aproveitar o impulso, a cooperación e a ambición, xa que aínda temos un longo camiño por percorrer. Necesítase moito máis para neutralizar as emisións de carbono para 2050 e limitar o quecemento global a 1,5 º C para finais de século.
Data do próximo Cume en Glasgow, Escocia, aprazada pola pandemia ata novembro 2021.