Skip to main content

Marco conceptual e situación do cambio climático

7. Contexto europeo

7.1. Obxectivos para 2020

O primeiro paquete de medidas sobre clima e enerxía da UE acordouse en 2008 e nel fíxase- ban obxectivos para 2020:

  • reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 20 % (con respecto aos niveis de 1990);
  • incrementar a cota de enerxías renovables ata o 20 %;
  • mellorar un 20 % a eficiencia enerxética.

 

Para alcanzar estes obxectivos, a UE desenvolveu, e reformado posteriormente, o réxime de comercio de dereitos de emisión ( RCDE) da UE, que ten por obxecto reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, en particular as procedentes de industrias de gran consumo enerxético e centrais eléctricas. A UE xa superou eses obxectivos. Para 2018, as emisións de gases de efecto  invernadeiro reducíronse nun 23 %, é dicir, tres puntos porcentuais por encima do obxectivo inicial do 20 %.