Skip to main content

ESCENARIOS CLIMÁTICOS

3. O CLIMA ACTUAL E A SUA TENDENCIA

España pola súa localización xeográfica ten un clima de transición entre as latitudes tépedas e as  cálidas, con grandes contrastes térmicos e  pluviométricos. O inverno é frío, ou fresco, con bastantes similitudes co clima do resto de Europa, mentres que o verán cálido ou moi cálido é máis parecido ao do norte de África. Dita localización xeográfica e o carácter  ondulatorio da circulación global da atmosfera determinan que as ondas de frío e de calor se prodúzan con certa frecuencia. As precipitacións son escasas e irregulares na maior parte do territorio con períodos de secas que se alternan con outros de abundantes precipitacións. Os rexistros fiables máis antigos de datos de temperatura e precipitación de que se dispón en España remóntanse á segunda metade do século  XIX. Do estudo e análise destas series históricas observouse que as temperaturas mostran unha tendencia xeneralizada á alza en todo o territorio español con incrementos que oscilan entre 1 e 2 graos no período comprendido entre 1850 e 2005. Esta tendencia non é homoxénea, nin a escala temporal, nin espacial, de feito:

  • ao longo do século  XX pódense diferenciar tres ciclos: un de ascenso térmico, entre 1901 e 1949, un descenso desde esa data ata 1972 e un aumento desde 1973 ata os nosos días, sendo este último período o de máis rápido incremento.
  • o quecemento foi máis acusado na primavera e verán, e nas temperaturas máximas.
  • por rexións, as máis afectadas polo quecemento son as situadas na metade oriental peninsular, cubrindo unha ampla franxa en torno ao mediterráneo que se estende desde Xirona ata Málaga, incluíndo  Castellón, Valencia, Alacante, Murcia e o Sureste peninsular.

Así mesmo, observouse unha diminución dos días fríos e un aumento dos cálidos polo que, se se mantén esta tendencia, é de prever un incremento das ondas de calor .  Nestes últimos 30 anos os cambios foron similares ou maiores aos rexistrados nos últimos 150 anos, o que da idea da intensidade do quecemento recente.

Respecto a a precipitación, as tendencias seculares e recentes non son tan fáciles de identificar dada a complexidade da distribución espacial das choivas en España e a súa elevada variabilidade temporal. No contexto dos últimos cincocentos anos, a reconstrución do clima mostra a sucesión de períodos chuviosos e secos, de duración variable e sen cambios bruscos, tanto no sur peninsular como no norte. O comezo do século  XX foi de estabilidade climática, con sucesión de fases secas e húmidas de curta duración e intensidade, ás que seguiron marcados episodios de seca  e outros de choivas abundantes , pero sen unha tendencia precisa. Pola contra, na segunda metade do século  XX, varios estudos realizados con datos de 1949 a 2015, revelan unha tendencia claramente negativa das choivas en boa parte do territorio, en particular no Cantábrico (diminucións de 4,8 mm/ano en Santander e 3,3 mm/ano en Bilbao) e no sueste peninsular.