Salta al contenido principal

IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS CONCELLOS

2. Avaliación xeral dos impactos, vulnerabilidades e medidas de adaptación ao cambio climático

2.2. Recursos hídricos

España é un país cunha ampla experiencia en planificación e xestión hidrolóxica, consecuencia da gran diversidade que existe entre as distintas concas hídricas. O noso país ten unha alta vulnerabilidade fronte a posibles cambios climáticos.

Aínda que a nivel nacional é difícil de detectar o impacto do cambio climático nos recursos hídricos coas observacións dispoñibles, a nivel rexional europeo existen evidencias de alteracións do réxime hidrolóxico, con incrementos de  escorrentía en altas latitudes e diminucións acusadas no Sur de Europa. Tamén se contrastou unha intensificación dos fenómenos extremos (inundacións e secas). A nivel global, os modelos de clima predín unha diminución drástica de  escorrentía na conca Mediterránea, sendo este un dos lugares do mundo onde se proxectan os impactos máis intensos.

Xunto ao impacto do cambio climático, os recursos hídricos veranse afectados por outros factores de presión tales como o aumento da demanda urbana, agrícola e hidroeléctrica, a intensificación de certos procesos de deterioración da calidade de auga e o incremento da intervención humana. Os recursos hídricos son un factor director que condiciona a planificación, xestión e desenvolvemento de moitos outros sectores e sistemas en España, entre os que hai que destacar a conservación da biodiversidade (especialmente os ecosistemas acuáticos), a industria, a agricultura e o turismo.

En canto ás estratexias de adaptación no sector, é necesario establecer políticas específicas en xestión de recursos hídricos que orienten a evolución do sector en función das previsións de cambio climático. Existe un gran potencial para orientar a longo prazo unha adaptación racional ao cambio climático no sector dos recursos hídricos que minimice os impactos proxectados, pero isto ha de facerse nun marco xeral de planificación territorial, que posibilite o establecemento de prioridades nas políticas sectoriais para identificar e priorizar as demandas de auga e conseguir unha xestión integrada dos sistemas de recursos hídricos. Todo apunta a que ao longo do século  XXI as dispoñibilidades do recurso hídrico irán diminuíndo.

No camiño cara a unha adaptación ao cambio climático, débense intensificar as políticas xa postas en marcha de incremento de oferta de recursos e de xestión da demanda de auga, potenciando os recursos non convencionais, o aproveitamento conxunto de distintas fontes de subministración, a mellora da eficiencia e a racionalidade na asignación do recurso. No campo da xestión da demanda existe un amplo percorrido nos sectores agrícola e de abastecemento urbano.

A adopción de medidas de adaptación ao cambio climático no sector dos recursos hídricos é necesaria e urxente e preparando un proceso de planificación, organización, esforzo e eficiencia que resultará moi rendible a longo prazo.

 

Ver a seguinte infografía. https://www.adaptecca.es/microsites/agua/