Skip to main content

IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS CONCELLOS

3. Os riscos naturais de orixe climática

3.1. Inundacións

As condicións climáticas e de relevo da Península Ibérica favorecen a xeración de inundacions. En España, as inundacións produciron historicamente fortes impactos socioeconómicos e numerosas vítimas.

Nas concas mediterráneas e do interior é probable que aumente a irregularidade das inundacions e das coñecidas como inundacions  lóstrego e, por tanto o risco de inundacións. As zonas máis vulnerables ás crecidas localízanse nas proximidades dos núcleos urbanos e centros turísticos, especialmente no Mediterráneo.

A adaptación ós crecementos dos ríos require unha valoración do risco baixo os escenarios futuros, así como plans de mellora de prognóstico e de alerta temperá e de xestión do risco de inundación. É importante tamén a implantación de códigos de boas prácticas. Entre outros, estes códigos requiren plans integrados a nivel de conca, zonificación e planificación dos usos do chan en función do risco, medidas estruturais para reducir ou mitigar os impactos e participación cidadá e sensibilización pública.