Salta al contenido principal

IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS CONCELLOS

3. Os riscos naturais de orixe climática

3.2. Incendios forestais

Os incendios teñen unha capacidade destrutiva enorme no noso país, sobre todo, nas épocas de calor. O problema dos incendios forestais é complexo e de difícil solución por moi ben que se coñezan as causas climáticas que o favorecen. Iso é debido, entre outras razóns, a que a maioría dos incendios son causados polas persoas. É importante ter en conta que o problema dos incendios forestais agravarase coas condicións do cambio climático. Se a temperatura da superficie é máis alta, a humidade do chan e do aire máis baixa, e se intensifícan as ondas de calor o resultado é que aumentarán de forma drástica as condicións favorables para que estes se produzan.

O risco de incendios forestais aumentará tanto no referente á duración, como á severidade da estación de incendios e con iso os incendios de maior tamaño. Ademais, as situacións de seca recorrente poden reducir a rexeneración do sistema, acelerando o cambio na vexetación 

O aumento dos incendios forestais, como consecuencia do cambio climático, tamén pode chegar a producir perdas no contido de carbono orgánico do chan, cun maior impacto nos primeiros centímetros do chan, o que produce perdas importantes de carbono neste horizonte, aínda que se as condicións son favorables, a recuperación da vexetación pode restablecer o balance de carbono en curto-medio prazo.

As políticas de ordenación territorial e forestal e de formación e información ao público deberán facerse cada vez mellor e mais  rápido.

O aproveitamento da biomasa e o pastoreo son ferramentas a considerar para reducir o perigo dos montes. Os plans de conservación da biodiversidade ou de loita contra a  desertificación deberán incorporar os novos escenarios de perigo crecente. Así mesmo, a xestión dos espazos públicos para o seu uso recreativo deberá ter en conta o perigo crecente que se aveciña.



Imaxe: Vigo Outubro 2017