Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

3. Resposta de ámbito nacional

  • Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, Estudo ambiental estratéxico e Declaración ambiental estratéxica

    O PNIEC 2021-2030 pretende reflectir o compromiso e a contribución de España ao esforzo internacional e europeo. O PNIEC de España identifica os retos e oportunidades ao longo das cinco dimensións da Unión da Enerxía:

    - a descarbonización.

    - as enerxías renovables.

    - a eficiencia enerxética.

    - a seguridade enerxética.

    - o mercado interior da enerxía e a investigación, innovación e competitividade.


    O PNIEC divídese en dous grandes bloques:

    - O primeiro detalla o proceso, os obxectivos, as políticas e medidas existentes e as necesarias para alcanzar os obxectivos do Plan, así como a análise do impacto económico, de emprego, distributivo e de beneficios sobre a saúde.

    - O segundo bloque, constituído polos Anexos ao documento principal, integra a parte analítica, na que se detallan as proxeccións, tanto do Escenario Tendencial (sen novas políticas) como do Escenario Obxectivo (co PNIEC), así como as descricións dos diferentes modelos que posibilitaron a análise prospectivo e que proporcionan robustez aos resultados.


    Enlace de descarga: https://www.miteco.gob.es/images/es/pnieccompleto_tcm30-508410.pdf


    Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030

    O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático ( PNACC) 2021-2030 constitúe o instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático en España. Ten como principal obxectivo evitar ou reducir os danos presentes e futuros derivados do cambio climático e construír unha economía e unha sociedade máis resilientes. Incorpora os novos compromisos internacionais e contempla o coñecemento máis recente sobre os riscos derivados do cambio climático, aproveitando a experiencia obtida no desenvolvemento do primeiro PNACC.


    Enlace de descarga: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/impactos-vulnerabilidad-y-adaptacion/pnacc-2021-2030_tcm30-512163.pdf


    Plans de Impulso ao Medio Ambiente ( PIMA)

    Os Plans de Impulso ao Medio Ambiente coñecidos como PIMAs son unha ferramenta para dar impulso a un conxunto de medidas concretas que van contribuír á mellora das condicións ambientais. Ademais, en moitos casos supón un efecto positivo sobre o desenvolvemento económico e o fomento do emprego.


    Enlace de descarga: 

    https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/planes-y-estrategias/pimaadapta2020_tcm30-521929.pdf