A Estratexia do Cambio Climático e Enerxía en Galicia
A Xunta, a través desta estratexia, quere que Galicia sexa un referente no proceso de cambio do modelo de consumo e uso de recursos naturais mediante a conversión da nosa comunidade nun territorio baixo en emisións e preparado para afrontar os cambios derivados do cambio climático.
O obxectivo final da estratexia é, polo tanto, que Galicia sexa canto antes neutra en emisións de gases de efecto invernadoiro. Para iso hai que conseguir o equilibrio entre as emisións que non poden ser reducidas e as absorcións de gases de efecto invernadoiro da nosa comunidade. Por tanto, trátase de conservar, poñer en valor e potenciar o efecto sumidoiro dos nosos sistemas naturais a través da conservación do noso patrimonio natural e unha correcta xestión dos usos do chan.
Para conseguir este obxectivo, a estratexia pretende:
• Aumentar a participación das enerxías renovables no mix enerxético, incrementando a potencia renovable instalada, fomentando o autoconsumo.
• Fomentar a eficiencia enerxética en todos os sectores.
• Fomentar a mobilidade alternativa, ofrecendo alternativas ao vehículo privado cun sistema de transporte público de calidade e ambientalmente sostible, tal como concíbese no Plan de Transporte de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Movilidad.
• Transformar os ámbitos urbanos cara a un modelo sostible.
• Impulsar a investigación e a innovación en cambio climático para converter Galicia nunha rexión exportadora de solucións fronte ao cambio climático.
• Mellorar a preparación, xestión e resposta ante fenómenos meteorolóxicos extremos, reducindo os danos asociados.
• Conservar, restaurar e usar de forma sostible os ecosistemas, de maneira que manteñan os servizos ambientais que proporcionan.
Por outro lado co obxectivo fundamental de facilitar e promover a transición cara a unha verdadeira economía circular, que é unha das finalidades esenciais da presente lei, e segundo as premisas impostas no ámbito da Unión Europea, o Consello da Xunta de Galicia aprobou, a Estratexia galega de economía circular 2020-2030. Así, desenvolveuse o marco establecido pola Comisión, adaptándoo ás súas peculiaridades económicas, sociais, naturais, produtivas e enerxéticas, o que non só comportará beneficios ambientais asociados á correcta xestión dos residuos e á protección do solo, das augas, do aire e do clima, senón que proporcionará igualmente beneficios económicos e sociais asociados. En base a isto ven de publicarse recientemente a LEI 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210225/AnuncioC3B0-180221-0002_gl.html