Salta al contenido principal

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.1. Como se calcula?

A pegada de carbono que xera cada fonte de emisión é o resultado do produto do dato de consumo (dato de actividade) polo seu correspondente factor de emisión:





Dato de actividade: é o parámetro que define o nivel da actividade xeradora das emisións de gases de efecto invernadoiro. Por exemplo, cantidade de gas natural utilizado na calefacción ( kWh de gas natural).


Factor emisión: é a cantidade de gases de efecto invernadoiro emitidos por cada unidade do parámetro “dato de actividade”. Por exemplo, para o gas natural, o factor de emisión sería 0,202kg CO2 eq/ kWh de gas natural.En base a esta fórmula, existen varias metodoloxías para o cálculo da pegada de carbono (UNE- ISO 14064, GHG Protocol, etc.).


Que datos necesitas?


Necesitarás coñecer, polo menos, os datos de consumo dos combustibles fósiles (nas oficinas, maquinaria, almacéns, vehículos, etc.) e de electricidade para un ano determinado así como os seus correspondentes factores de emisión. Adicionalmente, poderías incluír outras emisións indirectas distintas á electricidade como son as viaxes de traballo con medios externos, os servizos subcontratados como a xestión de residuos, etc.