Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.2. Que pasos hai que seguir para calcular a pegada de carbono municipal?


As actividades realizadas para o cálculo da pegada son as seguintes:


1. Escoller o ano de cálculo.


2. Establecer os límites da organización e os operativos: decidir que áreas se incluiran na recolección

de información e nos cálculos, e identificar as fontes emisoras asociadas ás operacións dentro desas áreas. Os criterios para establecer os límites adoitan responder o tipo de control e responsabilidade que se ten sobre as actividades, a súa relevancia ou dispoñibilidade de datos fiables.


3. Recompilar os datos de consumo (datos de actividade) destas operacións.


Información mínima: Alcance 1+2:

Alcance 1: emisións directas.

• Consumo combustibles edificios (caldeiras de gas natural, gasoil).

• Fugas de gases refrixerantes florados en equipos de climatización/refrixeración (recarga de gas

realizada nos devanditos equipos).

• Consumo combustibles vehículos.


Alcance 2: emisións indirectas debidas ao consumo de electricidade.

• Consumo de electricidade en edificios.


Se se quere ir máis aló: alcance 3

Alcance 3: outras emisións indirectas.

• Viaxes de traballo con medios de transporte externos.

• Servizos subcontratados (xestión de residuos, limpeza, seguridade, etc.)

• Compra de produtos.