Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

5. Resposta dende o ámbito local

As cidades afrontan impactos do cambio climático que afectan a múltiples áreas, servizos e sectores onde a planificación e xestión a nivel local poden achegar solucións.

O Pacto de Alcaldes– Covenant of Majors for Climate and Energy incorpora a iniciativa “ Mayors Adapt”, dirixida a implicar ás cidades europeas na adopción de medidas de adaptación fronte ao cambio climático.

A Rede Española de Cidades polo Clima aglutina ás cidades e pobos comprometidos co desenvolvemento sostible e a protección do clima. O seu obxectivo é ser un instrumento de apoio técnico para os gobernos locais españois, dotándolles de ferramentas que lles permitan alcanzar un modelo de desenvolvemento sostible, á vez que constituírse nun foro no que intercambiar coñecementos e experiencias na materia.


Un número crecente de municipios conta con estratexias ou plans de cambio climático que conteñen obxectivos e accións en materia de adaptación. Velaquí algúns exemplos:



• Barcelona: Plan Clima 2018-2030

• Las Rozas (Madrid): Estratexia local de cambio climático de Las Rozas de Madrid 2014-2019 (2013)

• Madrid: Plan A: Plan de Calidade de Aire e Cambio climático da cidade de Madrid (2017)

• Valencia: Estratexia fronte ao cambio climático de Valencia 2020

• Zaragoza: Estratexia de cambio climático, calidade do aire e saúde de Zaragoza: ECAZ 3.0 (2018)


A Guía para a elaboración de Plans Locais de Adaptación ao Cambio Climático, publicada en 2 volumes trata de axudar aos responsables locais a integrar a adaptación ao cambio climático na súa planificación e xestión, contribuíndo a incrementar a resiliencia dos sistemas, sectores, recursos e ámbitos xeográficos vulnerables ao cambio climático en España.

Aínda que se concibe como un instrumento de traballo dirixido aos tomadores de decisións da administración municipal, técnicos e profesionais que teñan de enfrontarse ao reto de elaborar un Plan Local de Adaptación ao Cambio Climático, tamén pretende servir como documento de consulta para outros axentes e institucións relacionados co cambio climático e a cidadanía en xeral.


A continuacion as ligazóns de consulta:

https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/publicaciones/publicaciones/guia_local_para_adaptacion_cambio_climatico_en_municipios_espanoles_tcm30-178446.pdf


https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/publicaciones/publicaciones/guia_local_para_adaptacion_cambio_climatico_en_municipios_espanoles_vol_2_tcm30-178445.pdf


Outras iniciativas de ámbito local:

AyuntamientosPorElClima é a plataforma que facilita e impulsa a acción dos principais actores do ámbito municipal comprometidos fronte á emerxencia climática. Tratase dunha comunidade online para mostrar concellos que emprenderon xa accións, para ofrecer propostas de solucións e as ferramentas para a toma de decisións.

https://ayuntamientosporelclima.es/index.php