Que é a pegada de carbono?
Enténdese como pegada de carbono “a totalidade de gases de efecto invernadeiro emitidos por efecto directo ou indirecto por un individuo, organización, evento ou produto".
Pegada de carbono dunha organización. Mide a totalidade de GEI emitidos por efecto directo ou indirecto provintes do desenvolvemento da actividade da devandita organización.
Pegada de carbono de produto. Mide os GEI emitidos durante todo o ciclo de vida dun produto: desde a extracción das materias primas, pasando polo procesado e fabricación e distribución, ata a etapa de uso e final da vida útil (depósito, reutilización ou reciclaxe)
Polo tanto a pegada de carbono dun país, comunidade, cidade, municipio, organización, é a totalidade de gases de efecto invernadoiro emitidos por efecto directo ou indirecto a través da actividade que desenvolve dita organismo.