Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.3. Que pasos ha seguir para calcular a pegada do cabono (continúa)



4. Realizar os cálculos multiplicando os datos de actividade polos factores de emisión.

O Ministerio facilita na súa páxina web os datos dos factores de emisión para cada ano así como unhas calculadoras de pegada de carbono de alcance 1+2 que os inclúen e que poden ser de gran utilidade.


5. Unha vez que se coñece canto e onde se emite, reflexionar sobre os puntos onde actuar para

reducir as emisións.


6. Isto quedará reflectido nun plan de redución que debería incluír as medidas que se prevé levar

a cabo, así como a cuantificación da estimación das reducións que conlevarían . É recomendable a inclusión dun cronograma no plan.


7. Poden optar por Rexistrar a pegada de carbono no Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción.


8. É interesante unha vez rexistrado, darlle difusión aos datos obtidos co obxecto de dar visibilidade ao traballo realizado e tamén para concienciar tanto ao persoal da Entidade Local como ao resto de cidadáns da importancia da redución de emisións.


Este enlace inclúe unha excel para calculo pegada carbono municipal, así como as instruccións para o seu calculo.


https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/mitigacion-politicas-y-medidas/calculadoras.aspx


https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/mitigacion-politicas-y-medidas/instruccionescalculadorahcaytos_tcm30-485626.pdf


Esta versión incorpora os factores de emisión correspondentes ao ano 2007-2019. A versión que incorpore os factores de emisión de 2020 publicaranse durante o mes de abril de 2021 xa que, salvo imprevisto, os factores dos mix eléctricos das comercializadoras que estiveron operativas en España en 2020 publicaraos a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia nesas datas.