Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.4. Rexistro pegado do carbono





Sabías que existe o Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono?


O Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción é un rexistro nacional creado a partir do Real Decreto 163/2014, cuxo obxectivo é fomentar o cálculo e redución da pegada de carbono das organizacións españolas, así como de promover os proxectos que melloren a capacidade sumidoiro de España. Actualmente esta ligado ao MITECO (Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico)

Todas as pegadas rexistradas veñen acompañadas obrigatoriamente por un plan de redución, e son chequeadas de forma previa ao seu rexistro. Cando se recoñece que unha organización reduciu a súa pegada, é debido a que cumpre cun criterio estrito que demostra unha tendencia decrecente de emisións.

Para recoñecer unha compensación no marco do Rexistro, é necesario que as toneladas de CO2 adquiridas proveñan de proxectos rexistrados neste.


Ver vídeo:

Enlace de consulta: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/mitigacion-politicas-y-medidas/inscripcion-registro.aspx