Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.5. Selo do rexistro de pegada de carbono


Selo do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono.


O Real Decreto polo que se crea o rexistro, establece que as organizacións rexistradas na sección de pegada de carbono e compromisos de redución e/ou compensación poderán utilizar un selo de titularidade do Ministerio.


Este selo nace cunha dobre finalidade. Por unha banda, facilita ás organizacións demostrar a súa participación no rexistro e, doutra banda, permite reflectir o grao de esforzo acometido polas mesmas na loita contra o cambio climático.

Neste sentido, considerouse oportuno distinguir entre aquelas organizacións que calculan a súa pegada de carbono e se atópan na senda de reducir as súas emisións, daquelas outras que xa reducen e/ou compensan.


O selo, por tanto, permite identificar, para un período definido (que será anual), tres niveles de participación: cálculo da pegada de carbono, a súa redución e/ou compensación.

A continuación explícase brevemente a relación entre as diferentes seccións do rexistro e as posibilidades que ofrece o selo.

O rexistro, consta de tres secciones:

  • Sección de pegada de carbono e de compromisos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro

  • Sección de proxectos de absorción de CO2

  • Sección de compensación de pegada de carbono


As organizacións que desexen obter este selo deberán, en primeiro lugar, calcular a súa pegada de carbono tal e como se describe nos documentos de apoio do Ministerio e inscribirse na sección de “pegada de carbono e de compromisos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro” do rexistro. Unha vez o Ministerio valide estes cálculos, a organización poderá obter o selo que reflicta este esforzo. Posteriormente, valorarase se se fixerón efectivos os compromisos de redución, nese caso tamén quedará reflectido no selo.


Adicionalmente, a organización tamén ten a posibilidade de inscribirse na sección de “compensación de pegada de carbono” mediante a cal, poderá compensar as súas emisións a través de proxectos de absorción de dióxido de carbono que previamente fosen inscritos na sección de “proxectos de absorción de CO2” do mesmo rexistro ou ben, mediante outras reducións de emisións de gases de efecto invernadoiro recoñecidas polo Ministerio.


O selo, por tanto, informa sobre:

- A participación nas seccións de pegada (distinguindo se unicamente se calculou ou se calculou e reduciu) e de compensación.

- O período de tempo concreto ao que se corresponde esta participación.