Como se calcula a pegada de carbono dunha persoa?
Para que unha persoa poida descubrir cal é o impacto que ten sobre o planeta existe un método de cálculo accesible a todo o mundo e ideado polo enxeñeiro francés experto en cambio climático Jean-Marc Jancovici. Este método inclúe multitude de variables que recollen datos cotiáns do usuario para calcular cal é o nivel de emisións de CO2 directas e indirectas que a súa actividade supón. O cuestionario atópase dividido en catro partes e a cada unha destas partes correspóndelle ¼ das emisións totais do individuo: aloxamento, transporte, alimentación e consumo.
Aquí podedes calcular a vosa pegada de carbono:
https://www.sostenibilidad.com/vida-sostible/calcula-pegada-carbono/
https://www.ceroco2.org/calculadoras/