Skip to main content

PLAN NACIONAL DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

4. Obxectivos por ámbitos de traballo

4.1. Clima e escenarios climáticos

- Manter e mellorar a observación sistemática de atmosfera, terra e océano, así como o seguimento do estado do clima e da variables clave do sistema climático, incluíndo a dispoñibilidade e a accesibilidade dos datos, tanto para o público en xeral como para os sectores especializados.

- Manter e mellorar a observación meteorolóxica para a alerta temperá fronte aos fenómenos meteorolóxicos e climáticos adversos, así como os servizos de avisos e a comunicación para previr os posibles impactos asociados.

- Poñer ao dispor de todas as persoas interesadas o mellor coñecemento posible sobre os escenarios e proxeccións de cambio climático futuros para que a sociedade poida planificar as súas respostas contando coa información máis fiable e actualizada.

- Avanzar no desenvolvemento de servizos climáticos a través dos cales os datos e información climática básica se transfórmen en produtos e aplicacións climáticas específicas que sexan útiles para os diversos ámbitos de actuación.

- Capacitar ás persoas interesadas para que estas poidan facer o mellor uso das ferramentas e os datos dispoñibles e avanzar na implicación do conxunto da sociedade no coñecemento dos escenarios e a proxección do cambio climático futuro para progresar cara a unha sociedade máis informada.