Skip to main content

PLAN NACIONAL DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

4. Obxectivos por ámbitos de traballo

4.5. Forestal, desertificación, caza e pesca continental

- Profundar no coñecemento sobre o impacto do cambio climático sobre os recursos forestais, incluíndo tanto os produtos madeirables como outros, tendo en conta as afeccións sobre os bens e servizos ecosistémicos.

- Integrar a adaptación ao cambio climático na planificación e xestión forestal para garantir a provisión de bens e servizos ecosistémicos.

- Integrar a adaptación ao cambio climático na planificación da actividade cinexética e a pesca continental, así como na súa xestión ordinaria.

- Previr a desertifcación e a degradación de terras e fomentar a restauración de terras degradadas con criterios adaptativos.

- Promover a acción fronte aos incendios forestais, mediante plans integrados de prevención e loita contra o lume, aproveitando o potencial das solucións baseadas na natureza, nun contexto de cambio climático e de adaptación ao mesmo.