Skip to main content

PLAN NACIONAL DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

6. Financiamento

En Europa, o Marco Financeiro Plurianual( MFP) 2021-27 e os fondos excepcionais do Next Generation EU (novo instrumento temporal para medidas de recuperación) van contribuír a loitar contra os efectos da crise da COVID-19 e a desenvolver as políticas europeas de transición ecolóxica contidas no Pacto Verde, incluíndo a nova e máis ambiciosa Estratexia Europea de Adaptación. O 30 % do total dos gastos do MFP e de Next Generation EU destinaranse a proxectos relacionados co clima.

Neste contexto, o Proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, establece o marco para reorientar os orzamentos públicos en liña co Marco Financeiro Plurianual, a contracción verde e os investimentos sostibles, regulando ferramentas de aprendizaxe e transparencia obrigatorias que axuden a percibir e avaliar riscos e oportunidades e mellorar as decisións de investimento tanto a nivel público como privado. Con todo isto, e no marco concreto deste segundo Plan Nacional de Adaptación, identifícanse prioridades e liñas de traballo e posibles instrumentos de financiamento e será a través dos programas de traballo onde se fará o exercicio de identificación orzamentaria máis concreta para as accións das liñas previstas.