Orzamentos sectoriais
Unha parte destacada do esforzo sectorial a realizar en materia de adaptación pasa por axustar ou reformular liñas de acción xa existentes, de forma que incorporen o factor cambio do clima. Nese sentido, un parte relevante deste esforzo, en termos de gasto público, deberá realizarse a través dos orzamentos do propio departamento implicado. En moitas ocasións, a introdución de novos criterios adaptativos non conlevará necesariamente un incremento substancial do gasto, aínda que si unha reorganización da súa distribución.
PIMA Adapta:
https://www.miteco.gob.es/es/cambio- climatico/plans-e-estratexias/ pimaadapta2020_ tcm30-521929.pdf
PIMA Adapta, o Plan de Impulso ao Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático, é unha ferramenta operativa desde 2015 para apoiar a consecución dos obxectivos do PNACC.
O PIMA Adapta, coordinado pola OECC, é xestionado por diversas entidades públicas: D. G. Auga e D. G. Costas, Organismo Autónomo Parques Nacionais, Fundación Biodiversidade (convocatoria pública de proxectos) e comunidades autónomas.
A iniciativa PIMA Adapta contempla actuacións en distintos ámbitos:
• PIMA Adapta Auga: Recursos hídricos e dominio público hidráulico
• PIMA Adapta Costas
• PIMA Adapta Parques Nacionais
• PIMA Adapta Ecosistemas
• PIMA Adapta Fundación Biodiversidade
O instrumento PIMA ADAPTA, que se nutre de ingresos procedentes das poxas de dereitos de emisións, permitiu ampliar substancialmente o respaldo económico a proxectos en materia de adaptación. Converteuse nun instrumento importante para desenvolver o ciclo completo da adaptación en España, contribuíndo en todas as fases (xeración de coñecemento, gobernanza, integración sectorial, seguimento, etc.) e promovendo a acción a todos os niveis (administración, academia, sector privado e Ong)
MOBILIZACIÓN DO FINANCIAMENTO PRIVADO
O sector privado conta cun gran potencial para contribuír ao investimento de recursos en adaptación, tanto a través da internalización das medidas de adaptación por parte das propias empresas como pola achega de recursos a terceiras partes a través do sistema financeiro.
Con todo, para conseguir unha maior participación do sector privado e, por tanto, unha maior mobilización de fluxos de financiamento privados, é importante dispoñer de mecanismos e instrumentos que incentiven dita participación. O abanico é amplo, desde a elaboración de guías e metodoloxías para orientar no deseño de actuacións en cada ámbito de traballo (ou ámbito sectorial); a integración da adaptación ao cambio climático en liñas de financiamento público que impliquen o apancamento de financiamento privado; a creación de incentivos á adaptación nas empresas; etc.
É necesaria unha especial consideración ás pequenas e medianas empresas, pola súa relevancia no conxunto do tecido produtivo español e a súa potencial contribución a esta adaptación.