
O PNACC 2021-2030 será obxecto dunha avaliación en profundidade en 2029, con obxecto de recoñecer os avances logrados, os retos pendentes e as leccións aprendidas ata a data. Os resultados desta avaliación plasmaranse nun informe, de carácter público, que deberá conter conclusións e recomendacións útiles para un novo exercicio de planificación.
No anexo I do PNACC preséntanse unhas fichas correspondentes á liñas de acción por ámbitos de traballo e liñas de acción transversais onde indícanse:
• O título de cada ámbito de traballo.
• Descrición da liña de acción: xustifica ou contextualiza, en caso necesario, a liña exposta e describe as temáticas que aborda.
• Responsables da liña de acción e colaboradores.
• Indicador de cumprimento: concíbense como criterios para facilitar o seguimento do desenvolvemento da liña de acción.
• Requírense instrumentos normativos? Este apartado identifica posibles cambios requiridos no marco normativo para o bo desenvolvemento da liña de acción.
• Financiamento: identifícanse, no seu caso, vías de financiamento previstas, sen prexuízo de que no futuro poidan mobilizarse recursos engadidos.
Como exemplo:
LIÑA DE ACCIÓN 10.4. XESTIÓN DOS CAMBIOS NA DEMANDA ELÉCTRICA ASOCIADOS AO CAMBIO CLIMÁTICO
• DESCRICIÓN DA LIÑA DE ACCIÓN
Os escenarios climáticos apuntan a un aumento do número de días ao ano con altas temperaturas, o que provocará un incremento dos picos de demanda de electricidade asociado a necesidades de refrixeración en certos momentos do día e estacións. Se non se acometen medidas adecuadas orientadas a aqueles sectores da poboación máis vulnerables, podería producirse ademais un incremento dos cocientes de pobreza enerxética estacional en certas rexións asociado a necesidades de refrixeración.
Esta liña de acción oriéntase a realizar os estudos necesarios para estimar o impacto dos cambios nas temperaturas medias e extremas nos perfís de demanda de electricidade diarios e estacionais por zonas climáticas e integrar os resultados na planificación da transición enerxética nos sucesivos Plans Nacionais Integrados de Enerxía e Clima.
• RESPONSABLES DA LIÑA DE ACCIÓN E COLABORADORES
Secretaría de Estado de Enerxía ( MITERD). Colabora a OECC e a Dirección Ge- neral de Axenda Urbana e Arquitectura ( MITMA).
• INDICADOR DE CUMPRIMENTO
- Disponse unha análise sobre o impacto dos cambios nas temperaturas medias e extremas nos perfís de demanda de electricidade diarios e estacionais por zonas climáticas.
- Os resultados intégranse nos sucesivos Programas de Traballo derivados do Plan Nacional de Adaptación, na planificación da transición enerxética nos sucesivos Plans Nacionais Integrados de Enerxía e Clima, e nas actuacións derivadas da Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética.
• REQUÍRENSE INSTRUMENTOS NORMATIVOS?
Non
• FINANCIAMENTO
Orzamento ordinario dos organismos implicados
Destacamos
destas fichas as posibles revisións que poden derivar para os
ámbitos de traballo en que se contemplan instrumentos normativos:
• Saúde e medio ambiente: o Plan Nacional de Saúde e Medio Ambiente describirá os principais factores ambientais que inflúen na saúde humana e establecerá os obxectivos e liñas de intervención do Sistema Nacional de Saúde nesta materia.
• Ampliación e actualización do coñecemento sobre os impactos potenciais do cambio climático na xestión da auga e os recursos hídricos: posible axuste do Regulamento e a Instrución de Planificación Hidrolóxica.
• Integración da adaptación ao cambio climático na planificación hidrolóxica e a xestión do ciclo integral da auga: poderían ser necesarios instrumentos legais que concreten as obrigacións sobre a avaliación do risco e as estratexias de adaptación na planificación hidrolóxica a nivel de conca.
• Xestión continxente dos riscos por secas integrada na planificación hidrolóxica e xestión da auga: o concepto de seca e a súa regulación practicamente carecen de mención no Texto Refundido da Lei de Augas. Así mesmo, hai lagoas na súa regulamentación que poderían abordarse.
• Planificación e xestión de áreas protexidas con criterios adaptativos: neste caso, o PNACC di que se requiren de instrumentos normativos, pero non precisa cales.
• Control de especies invasoras: aínda que se indica que non se requiren novos instrumentos normativos, contémplase a posibilidade de que se modifiquen as ferramentas -catálogos- legalmente establecidos
• Integración do cambio climático nos instrumentos de planificación con implicacións no mantemento e mellora dos recursos forestais: neste caso tamén se expresa que se precisa de instrumentos normativos, pero non se concretan.
• Revisión e actualización das directrices e normas de xestión forestal: outro exemplo no que se di que hai que desenvolver instrumentos normativos, pero non explica cales. Con todo, na descrición do apartado sinálase:
• Fomento da integración do cambio climático nas políticas e medidas relativas á actividade cinexética e á pesca continental: Exprésase que se requiren instrumentos normativos, pero non se especifican.
• Integración das proxeccións climáticas e medidas de adaptación nas políticas e medidas de loita contra incendios forestais: Outro exemplo no que se prevén instrumentos normativos a aprobar pero que non quedan descritos.
• Revisión de plans, normativas e estratexias, existentes e futuras, relacionadas cos sectores da agricultura, a gandería, a pesca e a acuicultura, tendo en conta os novos escenarios climáticos: Neste caso considérase que os cambios normativos deben valorarse.
• Reforzo da adaptación ao cambio climático na Política Pesqueira Común (PPC), nos plans nacionais de xestión e recuperación e no sector da acuicultura: Prevense cambios normativos, pero non se explican cales.
• Cambios no marco normativo para facilitar a adaptación nas costas e o mar.
Neste caso a descrición indica:
“Entre os retos neste campo poden citarse:
– A incorporación de criterios obxetivables para o outorgamento de títulos de ocupación do Dominio Público Marítimo-Terrestre, ou as súas prórrogas, baseados na mellor ciencia dispoñible.
– O aumento da flexibilidade á hora de outorgar títulos de ocupación, podendo, por exemplo, limitar ou reducir os prazos das concesións ou axilizar a súa revisión por causa do cambio climático.
– A axilización da revisión dos deslindes do Dominio Público Marítimo-Terrestre, baseado en datos científicos.
– A identificación doutras barreiras á adaptación relacionadas co ámbito normativo.
Entre as normas que poderían ser obxecto de revisión co obxecto de facilitar os procesos de adaptación atópanse a Lei e o Regulamento de Costas e a Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.”
• Integración dos riscos costeiros en plans e programas que inclúen ao espazo litoral: exprésase que podería requirir modificación da normativa de costas relativa a zonas inundables e en regresión grave.
• Integración da adaptación ao cambio climático na planificación territorial e urbana: para iso prevese a aprobación da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética e a adaptación da normativa urbanística das CC. AA.
• Integración da adaptación ao cambio climático no sector da edificación: actualización do Código Técnico da Edificación.
• Apoio e reforzo da adaptación ao cambio climático nas Administracións públicas e outros sectores e axentes: requiriranse instrumentos normativos non especificados.
• Integración dos efectos do cambio climático na normativa para o cálculo e deseño de infraestruturas do transporte: será necesario a avaliación e posible revisión de normas de deseño de infraestruturas, instrucións, pregos xerais técnicos, recomendacións, guías de boas prácticas, etc.
• Apoio e reforzo da adaptación ao cambio climático nas Administracións públicas e outros sectores e axentes: prevense instrumentos normativos, pero non se especifican.
• Integración da adaptación na lexislación sectorial e os plans de industrialización: para iso, prevese a inclusión da adaptación ao Cambio Climático na Lei de Industria e na Estratexia Industrial.
• Promoción da educación para a sustentabilidade no sistema educativo formal ante os desafíos do cambio climático: contémplase que nalgúns casos poderían requirirse instrumentos normativos (por exemplo, cambios no marco normativo que define o currículo dos diversos niveis educativos).