Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

1. Introducción

O cambio climático xera, por unha banda, a alteración en patróns habituais de eventos extremos (por exemplo severidade e frecuencia de choivas torrenciais, secas ou ondas de calor) e, por outra, o cambio progresivo de variables climáticas (modificación do réxime de precipitación ou aumento de temperaturas). Estes cambios terán efectos, á súa vez, na subida do nivel do mar ou na variación do réxime hídrico, producindo todo iso impactos e oportunidades na sociedade, a economía e o medio ambiente. Falar de cambio climático é falar de migración de especies ou desprazamento de ecosistemas, produtividade agrícola, afeccións á saúde, habitabilidade do espazo público, perdas por inundacións , xestión de emerxencias, mellora das condicións turísticas ou novos nichos de emprego, entre outras cuestións.


Xestionar eses efectos, anticiparnos aos impactos para minimizalos ou prepararnos para aproveitar as oportunidades que poidan conlevar, é falar de adaptación ao cambio climático. Estoutra cara do cambio climático, diferenciada aínda que complementaria e confluinte coa redución de emisións GEIs (mitigación), está a adquirir crecente relevancia nos últimos anos a nivel nacional, europeo e mundial. O nivel local, pobos, cidades e administracións municipais, son recoñecidos como ámbito crave para actuar fronte aos efectos do cambio climático, pois é onde se farán máis evidentes as súas consecuencias.


No contexto internacional e europeo xurdiron un número considerable de iniciativas e programas, que en moitos casos ofrecen manuais, guías e ferramentas para a análise dos efectos do cambio climático e o deseño de estratexias ou plans de adaptación na escala local.


Buscar que métodos hai dispoñibles e seleccionar que ferramentas son máis adecuadas para cada caso é todo un reto, tendo en conta que actualmente non existen estándares harmonizados, máis aló dun marco metodolóxico global amparado polo IPCC .


A acción local en materia de adaptación ao cambio climático supón unha oportunidade, non só ao anticiparnos a posibles problemas ou oportunidades. Tamén o é porque pode posicionar aos municipios para acceder a novas fontes de financiamento, programas e iniciativas que se están levando a cabo en Europa ( LIFE+, Horizonte 2020, entre outros).


Precisamente en relación coa sustentabilidade local e coas políticas municipais, é importante decidir como e onde desenvolver as estratexias ou plans locais de adaptación respecto ao armazón do resto de políticas. A adaptación ao cambio climático pode desenvolverse de forma autónoma, como plan ou estratexia con entidade propia aínda que coordinada con outras políticas. Pode tamén ser unha nova perspectiva ou enfoque a incorporar en gran número de políticas municipais e empezar a formar parte en todas elas de forma transversal, sen a necesidade dun plan ou estratexia con entidade propia.


Aquí tedes a ligazón á guía para elaboración de plans locais de adaptación ao cambio climático, divididas en 2 volumenes. No Volume 1 (laranxa) exponse a formulación e enfoque da Guía, os seus destinatarios, definicións básicas, consideracións previas, e móstranse de forma breve e operativa as etapas e pasos a seguir para a definición dos plans e políticas de adaptación. O Volume 2 (verde) consta de 6 capítulos, que se corresponden directamente coas fases do proceso de elaboración dun plan, e profúndase nos conceptos e alternativas metodolóxicas.


https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/publicaciones/publicaciones/guia_local_para_adaptacion_cambio_climatico_en_municipios_espanoles_tcm30-178446.pdf

https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/publicaciones/publicaciones/guia_local_para_adaptacion_cambio_climatico_en_municipios_espanoles_vol_2_tcm30-178445.pdf