Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

2. Obxetivos


O compromiso das guías é dotar ás administracións locais dunha secuencia metodolóxica clara e coherente que lles sirva de orientación na formulación de Plans Locais de Adaptación ao Cambio Climático. Estes enténdense como mecanismos para definir e implementar medidas e accións , destinadas a minimizar os impactos adversos do cambio climático a nivel local, fortalecer as capacidades de resposta e explotar as oportunidades deste fenómeno.

•Coñecer os efectos do cambio climático aos que deben enfrontarse.

•Minimizar os impactos adversos.

•Xestionar os riscos asociados ao cambio climático de forma efectiva.

•Identificar e aproveitar efectos positivos e oportunidades derivados do cambio climático.

•Establecer prioridades e concertar esforzos en medidas e accións de adaptación con criterios claros.

•Identificar os activos de adaptación, é dicir, aquelas medidas xa adoptadas no ámbito local que contribúen actualmente á adaptación.

•Crear sinerxias entre medidas e accións, así como superar os posibles custos de improvisación.

•Optimizar a asignación dos recursos dispoñibles fronte ao cambio climático e a adaptación.

•Fomentar a colaboración entre os sectores público e privado en materia de adaptación.

•Fortalecer os lazos existentes entre as dimensións institucional, social e económica.

•Crear unha cultura estratéxica común en materia de adaptación ao cambio climático.