A guía concíbese como un instrumento de traballo dirixido principalmente aos tomadores/ as de decisións da administración municipal, técnicos/as das administracións locais, profesionais e consultores/ as que teñan de enfrontarse ao reto de elaborar un Plan Local de Adaptación ao Cambio Climático. Pero tamén pretende ir máis aló, podendo ser un documento de consulta para outros axentes e institucións relacionados co cambio climático, como son a educación (sociedade científica, institucións educativas), os organismos públicos de carácter sectorial, as empresas públicas, o sector privado e a cidadanía en xeral.