Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

7. Recomendacións para loitar contra o cambio climático nos concellos

7.7. Espazos verdes urbanos

Os xardíns públicos e privados son espazos nos que se utilizan moitos e diversos recursos: ocupación de territorio, especies vexetais, auga, fertilizantes ou produtos fitosanitarios. 

Deseñar e manter xardíns con criterios de sustentabilidade contribúe a reducir o uso de recursos como a auga, á vez que se optimiza o seu consumo e funcionalidade. Ademais, lógranse outros beneficios, como unha maior biodiversidade, un mellor microclima ou unha mellor calidade do aire.

Algúns exemplos de recomendacións:

- Colocar as especies en función das súas necesidades hídricas para facer máis eficaz a rega.

- Plantar árbores que produzan sombra para reducir a temperatura do chan e diminuír así as perdas de auga por evaporación.

- Agrupar as plantas de especies complementarias na loita contra pragas.

- Deseñar zonas verdes con criterios de eficiencia, introducindo especies vexetais autóctonas, de elevado valor ecolóxico e de alta capacidade de retención de CO2.

- Xestionar correctamente os residuos, recollida selectiva.

- Utilizar restos de poda e follas secas para facer compost.

- Adecuar horarios de rega ás horas de menor evaporación: primeira hora da mañá e última hora da tarde. Instalar sistemas de rega eficientes.