O incremento no volume de transporte comporta unha serie de consecuencias negativas sobre o medio ambiente, sobre todo a dous niveis:
Cambio Climático: debido ao incremento das emisións de GEI pola queima de combustibles fósiles.
Perda de biodiversidade: principalmente pola destrución e fragmentación de hábitats pola construción de estradas, vías férreas, autoestradas, etc.
É necesario establecer unha nova cultura da mobilidade que nos permita reducir a dependencia do vehículo privado e recuperar o espazo público para a convivencia. Os Gobernos Locais dispoñen de ferramentas para restar protagonismo aos medios de transporte individuais en favor de medios colectivos ou non motorizados. No entanto, este proceso require dun cambio de cultura na sociedade e, por iso, a implantación de políticas de mobilidade sostible debe estar baseada na participación activa da cidadanía, as Administracións, as empresas e os operadores e xestores dos sistemas de transporte.
Algúns exemplos de recomendacións:
- Reducir o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica aos vehículos equipados con tecnoloxías máis limpas.
- Promover a creación de aparcamentos preferentes para vehículos compartidos nas empresas.
- Establecer propostas de actuación, segundo os resultados dos estudos realizados, que prioricen a mobilidade colectiva eficiente e desincentiven o uso do vehículo privado.
- Potenciar o desenvolvemento do comercio tradicional, pequeno comercio, produtos locais..., mediante medidas que garantan a facilidade de acceso e o fomento da actividade.
- Restrinxir o acceso dos coches particulares a lugares de interese turístico.
- Colocar reductores de velocidade como pasos de peóns elevados, coxíns berlineses, mesetas trapezoidales, etc.
- Aumentar a sinalización vertical de reductores de velocidade e priorización peonil.
- Limitar a velocidade de circulación no ámbito urbano.
- Asegurar que o transporte público colectivo inclúe paradas preto dos centros sanitarios e instalacións municipais.
- Difundir adecuadamente horarios e información en paradas do transporte público urbano e interurbano: páxina web, redes sociais, centros públicos, paradas de autobuses, etc.
- Establecer camiños e zonas peonís.
- Incluír na planificación urbana do municipio os elementos necesarios para facilitar os desprazamentos en bicicleta.
Un
exemplo de fomento
dos desplazamentos a pé pode ser o metrominuto da cidade de
Pontevedra.