Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

7. Recomendacións para loitar contra o cambio climático nos concellos

7.11. Organización de eventos

Desde a Administración Pública organízanse ou se subvenciona a celebración dunha infinidade de eventos de distinta índole, que van desde a organización de encontros rexionais, conferencias internacionais, festas populares, ata macro concertos ou mesmo eventos mundiais. 

Cada un destes tipos de evento ten unhas dinámicas e problemáticas ambientais diversas: nos desprazamentos (as emisións de CO2 derivadas dos desprazamentos e viaxes dos/ as participantes), na publicidade (consumo de papel, os procesos de impresión e o envío e distribución dos materiais), compras, xeración de residuos, contratación de empresas, etc.

Algúns exemplos de recomendacións:

- En recintos pechados, escoller un lugar ben iluminado de maneira natural (amplas xanelas, carpa nun parque, etc.).

- Elixir o emprazamento do evento tendo en cuenta os desprazamentos dos/ as participantes.

- Facilitar ao máximo o uso do transporte público, bicicleta ou os desprazamentos a pé.

- Desincentivar o uso do vehículo privado mediante a limitación de acceso ao recinto ou a limitación da velocidade en torno ao lugar do evento.

- Planificar o número, tamaño e tipo de contedores e papeleiras necesarias en función das características do evento e o número de asistentes.

- Reutilizar todos os materiais posibles de eventos anteriores.