O cambio climático está a ter e vai ter moitos efectos sobre a saúde humana. Reducir as emisións de CO2 e outros GEI e frear todo o posible o cambio climático é esencial para protexer a saúde.
Por tanto, deben poñerse en marcha acciones e instrumentos mundiais, nacionais, rexionais e locais que favorezan a mitigación e a adaptación aos seus efectos.
O cambio climático afecta á saúde de diversas maneiras:
Directamente: sobre a mortalidade e a morbilidad, debido ás ondas de calor, inundacións e outros fenómenos extremos relacionados co cambio climático.
Indirectamente: a través dos impactos sobre os ecosistemas que provocan, por exemplo, modificacións nos patróns das enfermidades por mosquitos e garrapatas, ou o aumento das enfermidades transmitidas pola auga, debido a condicións máis cálidas e cambios nas precipitacións e as escorrentías. Tamén poden darse impactos sociais en aspectos tales como a seguridade alimentaria, a capacidade laboral, a saúde mental, o desprazamento da poboación e outros efectos como o aumento da presión sobre os sistemas de atención da saúde.
Algúns exemplos de recomendacións:
- Difundir as campañas de alimentación saudable.
- Crear ou ampliar os hortos sociais
- Favorecer a mobilidade peonil. Camiñar é a actividade física máis saudable e sostible.
- Crear carrís bici e infraestruturas para as bicicletas.
- Transmitir á sociedade en xeral a necesidade de adoptar comportamentos responsables durante as ondas de calor, como a adecuación dos horarios de traballo, a necesidade de evitar determinadas actividades (por exemplo deportivas) en certas horas do día, etc.