O turismo inflúe de forma positiva na economía dun municipio, pero tamén pode producir unha serie de efectos prexudiciais sobre o medio ambiente en caso de non existir medidas de control eficaces que limiten e controlen os impactos asociados ao mesmo.
Así, a contribución do turismo ao cambio climático é importante debido a impactos derivados da conxestión de estradas, a escaseza de auga en tempada alta, o aumento da demanda de enerxía, o incremento na xeración de residuos, a perda de hábitat e biodiversidade, etc.
Por tanto, é importante implantar un modelo de turismo sostible, sempre considerando os seus beneficios como motor de creación de emprego para o municipio
Algúns exemplos de recomendacións:
- Promocionar a cultura e os produtos locais, incluíndo a gastronomía, a artesanía e as tradicións.
- Utilizar as oficinas de turismo para sensibilizar ao turista respecto das normas de bo comportamento ambiental.