ELABORACIÓN DUN PLAN MUNICIPAL DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO
2. Forma secuencial do proceso para a elaboración de Plans Locais de Adaptación ao Cambio Climático
A
secuencia metodolóxica proposta está composta de seis Fases non
necesariamente lineais e susceptibles de ser axustadas de acordo aos
obxectivos estratéxicos, necesidades locais e recursos propios de
cada municipio, que se entende variarán significativamente dun caso
a outro.
A
secuencia de traballo proposta toma como referencia a “Guía para o
desenvolvemento de Estratexias de Adaptación da Comisión Europea”.
Aparece con máis presencia a alusión aos impactos negativos, retos
e problemática asociada para os efectos do cambio climático, pero
en calquera caso é importante considerar tamén as oportunidades, se
as houbese.